Brevis

Brevis

Mansión citada polo Itinerario de Antonino, na vía XIX de Braga a Astorga, e tamén no Anónimo de Ravenna; aparece mencionada en datas posteriores na Táboa de Peutinger e nas Táboas de barro de Astorga. Localizaríase entre a Ponte Martiae (identificando a mansión cos lugares de Marzán ou Ponte Ferreira) e Asseconia (identificando a mansión con Aixón, Sigüeiro ou A Sionlla). O problema da súa localización vese agravado polas variantes que presentan os códices en canto ás millas que separan Brevis das mansións inmediatamente anterior e posterior. Dependendo dos autores situaríase nas proximidades de Arzúa, na parroquia de Vitiríz ou Vitrís en Melide, ou nalgunha localidade á beira do río Iso.