Bribes, San Cibrao de
Bribes, San Cibrao de
Mosteiro que estivo situado en Cambre. Non hai datos sobre o momento da súa fundación, pero coñécese a súa existencia por un documento de 1154, data na que o Papa Anastasio IV lle confirmaba a súa pertenza á igrexa de Santiago, certificación que ratificou en 1178 o Papa Alexandre III.