Bridgeport
Bridgeport
[antigo: Newfield] Cidade do estado de Connecticut, Nova Inglaterra, EE UU, en Long Island Sound (141.690 h [1990]), fundada en 1627. Constitúe un núcleo industrial e turístico; amais, ten porto, escala de trasatlánticos, e aeroporto internacional. Tamén é un centro de ensino superior, sede da University of the West Indies.