British European Airways

British European Airways
Nome científico: [BEA]

Compañía británica de aviación fundada no ano 1946 para explotar rutas aéreas interiores en Europa e en Oriente Medio. Creou o primeiro servizo postal europeo con helicópteros (1947) e o primeiro servizo interior regular de pasaxeiros, a liña Cardiff-Liverpool (1950). Foi a primeira compañía en utilizar avións movidos por turbohélices. No 1973 quedou integrada na British Airways.