bromhídrico -ca
bromhídrico -ca
(
-
adx
[QUÍM]
Relativo ou pertencente ao ácido bromhídrico.
-
ácido bromhídrico
[QUÍM]
En estado anhidro, gas de cheiro picante constituído por moléculas covalentes de bromuro de hidróxeno, que se obtén por unión directa dos seus elementos en presenza de catalizadores de platino. É moi soluble en auga, coa que produce solucións fortemente ácidas. Emprégase para a obtención de bromuros e derivados orgánicos do bromo.