bromuro

bromuro
  1. s m [QUÍM]

    Composto binario de bromo cun elemento menos electronegativo no que o bromo actúa co número de oxidación -1. Os bromuros metálicos, especialmente os alcalinos e os alcalinotérreos, obtéñense por reacción dos hidróxidos ou carbonatos respectivos con ácido bromhídrico. Cómpre destacar os bromuros de sodio e de potasio que se empregan en medicina como tranquilizantes.

  2. s m [QUÍM]

    Denominación vulgar dalgúns derivados do bromo, como o dibromuro de etileno, que, segundo a nomenclatura sistemática, é o 1,2-dibromoetano.

  3. bromuro de acilo [QUÍM]

    Derivado dun ácido carboxílico por substitución dun grupo -OH por un átomo de bromo, conseguida por reacción do tribromuro de fósforo sobre o ácido anhidro ou sobre o seu anhídrido.

  4. bromuro de metilo [QUÍM/AGR]

    Substancia empregada para fumigar as sementes co fin de desinfectalas, especialmente as do algodón. Penetra polas vías respiratorias ou polos tegumentos, bloqueando as deshidroxenasas que interveñen na síntese do ATP e rompendo a cadea respiratoria. É moi tóxico para o ser humano.

Palabras veciñas

bromosulfoftaleína | Brompton, solución de | bromuco | bromuro | Bromus | bronce | Bronce