broncofonía

broncofonía

(

s f [MED]

Percepción máis intensa e nítida da voz do enfermo na auscultación do tórax en determinadas situacións patolóxicas que conlevan unha mellor transmisión do son. É un signo característico da pneumonía, xa que a rexión afectada do pulmón contén un medio líquido, que é mellor transmisor do son ca o medio gasoso normal da víscera.