broncopneumonía

broncopneumonía

(

s f [PAT]

Tipo de pneumonía na que se ven afectados diversos bronquiolos terminais e os alvéolos pulmonares circundantes. Os síntomas principais son tose, expectoración, taquipnea, cianose e febre alta, aínda que nos anciáns son de escasa intensidade, a menos que a enfermidade afecte amplas zonas dos dous pulmóns. Pode estar atribuída a bacterias como o pneumococo, estreptococo hemolítico, Klebsiella pneumoniae, estafilococo e Francisella tularensis, e tamén a virus, rickettsias e fungos.

Palabras veciñas

broncomicose | broncopatía | broncoplexia | broncopneumonía | broncopneumopatía | broncopulmonar | broncorrea