bronquiectasia
bronquiectasia
(< bronqui- + ἕκτασις ‘dilatación’)
s
f
[PAT]
Dilatación crónica e irreversible dun ou máis bronquios acompañada de infección secundaria que xeralmente afecta tamén á parte correspondente do pulmón. As bronquiectasias poden ser conxénitas ou adquiridas e poden localizarse nun pulmón ou nos dous; as adquiridas son secundarias a obstrucións ou a infeccións como broncopneumonías, bronquite crónica ou tuberculose. Caracterízase por tose, dispnea, expectoración abundante matutina e variable cos cambios de postura.