Bruno
Bruno
[ONOM]
Prenome masculino de orixe xermánica que procede, ben de brünne ‘coiraza’, primeiro elemento de moitos nomes xermanos que dá orixe ao hipocorístico Bruno, ou ben do adxectivo brûn ‘moreno, castaño’. A festividade de san Bruno (1030-1111), fundador da orde dos cartuxos, celébrase o 6 de outubro.