brusco -ca
brusco -ca
(< lat ruscus)
-
adx
Que demostra falta de suavidade ou falta de paciencia tanto nos seus ditos como nos seus feitos.
Ex: A súa brusca resposta non era a adecuada para aquela amena conversa. É tan brusco que os seus amigos non queren estar con el.
Sinónimos: desapracible. -
adx
Que sucede repentinamente, sen fases ou graos intermedios, e supón un salto ou diferenza notable con respecto a algo anterior ou a aquelas cousas que se están a tratar.
Ex: Os seus cadros caracterízanse polos bruscos cambios de cor. O movemento brusco do edificio fixo que todos os seus veciños o abandonasen.