bruxo

bruxo

(< bruxa)

  1. s m

    Home que se considera que ten poderes máxicos por pauto co demo para a adiviñación ou para a curación de enfermidades.

    Ex: Os bruxos foron condenados pola Igrexa.

  2. s m [ETN]

    Home supostamente dotado de poderes sobrenaturais en determinadas culturas. Xeralmente administra coñecementos empíricos diversos, especialmente de medicina, e pasa por dominar forzas sobrenaturais.