Brzesc-Kujawski

Brzesc-Kujawski
[PREHIST]

Grupo do Neolítico recente e do Calcolítico (IV milenio a C) de Wloclawek (Polonia). Os seus asentamentos caracterízanse polos longos edificios trapezoidais con fosas e tumbas. Tanto pola composición dos enxovais como pola disposición dos corpos, interprétase que existía unha división social por sexos. A metalurxia local estaba desenvolvida, como demostran a presenza de crisois de cerámica nos xacementos, non obstante non se coñecen minas.

Palabras veciñas

Bryonia | Bryopsis | Bryum | Brzesc-Kujawski | Br´ansk, Batalla de | Br’ansk | Br’ansk