bucina
(< lat bucĭna ‘trompa decorno’)
-
s
f
[ANIMAL]
Gasterópodo de cuncha de ata 40 cm de lonxitude, de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas. A súa abertura é ovada e de marxe grosa, a canle sifonal aberta e curta e o opérculo groso. Aliméntase principalmente de estrelas de mar, bivalvos e outros caracois. Axúdase da secreción de ácidos para rillar as cunchas das súas presas. Habita nos medios rochosos da zona costeira. A carne é dura e de sabor forte. A cuncha baleira e furada pola punta emprégase para producir sons de aviso.
Sinónimos: buguina, corno. -
s
f
[TECNOL]
Avisador acústico baseado na transformación de enerxía eléctrica ou mecánica en enerxía sonora e na amplificación desta nun tubo de forma cónica -propiamente a bucina- que serve de encaixe entre unha placa vibrante de entrada e o aire exterior de saída. A antiga bucina, formada por unha pera de goma que insuflaba aire no tubo, foi substituída pola bucina eléctrica de alta frecuencia, que produce o son ao imprimirlle movemento de rotación a unha peza que fai vibrar unha membrana. Está tamén a bucina electro-pneumática e a bucina pneumática, nas que a membrana sonora se move, respectivamente, por aire comprimido ou polo aire exterior aspirado polo tubo de admisión do motor.
Sinónimos: buguina. -
s
f
[TECNOL]
Tubo de sección variable con superficies terminais de áreas diferentes destinado a encaixar correctamente unha membrana vibrante de superficie pequena ao aire ambiente. Os altofalantes de bucina, dun rendemento moi superior aos de radiación directa, permiten uns niveis sonoros considerables con pouca potencia e distorsión baixa. Son ideais para as sonorizacións públicas ao aire libre. A bucina repregada é de dimensións máis reducidas. Para amplificar a palabra emprégase o megáfono, constituído por unha pequena bucina asociada a un conxunto de micrófono, amplificador e batería de alimentación.
Sinónimos: buguina. -
s
f
[MÚS]
Trompeta medieval recta, moi longa e estreita.
Sinónimos: buguina.