bucle
(< fr boucle < latbuccŭla ‘boquiña’)
-
s
m
Rizo do cabelo con forma cilíndrica.
Ex: No salón de peiteado fixéronlle bucles no cabelo.
-
s
m
[AERON]
Figura de acrobacia aérea que consiste en describir un círculo vertical, mantendo o teito do aparato sempre no interior deste círculo. Tamén se chama looping.
-
s
m
[ANAT]
Nome dalgunhas formacións anatómicas que teñen o aspecto de rizo.
-
[IMAX]
-
s
m
Espacio de seguridade que prende a fita cinematográfica no proxector ou na cámara, situado entre os rolos de alimentación empregado para que os ganchos non arrastren toda a película da bobina e provoquen rachadelas nas perforacións.
-
bucle de sonorización
Fragmento de película enganchado polos extremos co fin de que pase ininterrompidamente diversas veces consecutivas á hora de sonorizar ou dobrar o filme.
-
bucle do ritmo
Fragmento de banda sonora enganchado polos extremos; a súa audición pode acompañar, durante a montaxe, a visión na moviola dos fragmentos da película para marcar o ritmo que deben seguir as imaxes.
-
s
m
-
[INFORM]
-
s
m
Secuencia de instrucións que pode executarse repetitivamente. En cada repetición, chamada ciclo, é habitual que certos datos resulten modificados.
-
bucle infinito
Efecto que causa unha operación reiterada nun procesador, que impide o funcionamento normal porque non localiza o seu final.
-
s
m
-
s
m
[LIT]
Composición que remata igual que empeza, de tal xeito que se pode pensar que volve comezar indefinidamente. Esta estrutura en espiral é moi habitual nas cancións populares infantís.
-
[TECNOL]
-
s
m
Nun sistema automático, circuíto ou camiño polo que circula o sinal de entrada, a partir do comparador ata a saída e desde esta cara ao comparador. Isto presupón un camiño pechado para este sinal, é dicir, un sistema que funciona con retroacción; sen embargo, estes sistemas con retroacción poden tratarse como casos particulares. Fálase de bucle pechado (ou bucle de retroacción) ou de bucle aberto, segundo haxa ou non retroacción.
-
bucle local
Conxunto de cables ou conexións que unen un teléfono coa central dunha compañía telefónica.
-
bucle magnético
Fita magnética cos extremos unidos entre si, de xeito que constitúe unha fita sen fin.
-
s
m