bulir
(
-
Publicación municipal, subtitulada “Voceiro do concello de As Nogais”, que apareceu en novembro de 1987 e desapareceu en 1990. Froilán Pallín Seco coordinou esta revista bilingüe de periodicidade irregular. Pola redacción pasaron Xulia García, Álvaro Bello, Cristina López, Pilar Pérez e Manuel Álvarez Prieto. Contou coa colaboración de Yolanda Antela, Gonzalo Latorre, María Xosé Nistal, Xosé Rico, Pablo Ruíz, Carmen Díaz Abraira, Ramón Pereira e Constantino López, entre outros. Malia a que nun principio contaba con seccións como “Entrevistas”, “Educación”, “Sanidade”, “O noso concello”, “Xuventude e deportes”, “Benestar” e outras, esta división fíxose máis flexible para incluír outras seccións de interese como “Medio ambiente” ou “Aula aberta”. Nas súas páxinas reproducíronse poemas de Manuel María, Xavier Prado “Lameiro” e doutros poetas locais. Tamén se rexistrou a versión galega dun poema de Cavafis, un fragmento do Catecismo do labrego, de Lamas Carvajal, ou a transcrición dunha conferencia de Fernández del Riego, xunto coas coplas do Cancioneiro popular galego, editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Os números 3, 4 e 5 levaban un suplemento que se titulaba O bulir na escola. Os nenos da comarca redactaban este suplemento que recolle cantigas populares, ditos, adiviñas ou poesías. Había artigos moi interesantes como “Estudio sobre o vocabulario da nosa zona” ou “Cousas para o recordo”, onde se falaba de aparellos antigos. Tamén incluíu narracións como A garduña aventureira ou O paraíso, que gañou o primeiro premio no concurso do Día das Letras Galegas.
-
v i
Realizar algo con rapidez.
Ex: Se non boles coa limpeza da cociña non vas ter tempo para ir á praia.
Sinónimos: apurar. -
v i
Moverse axitadamente e con rapidez dun lado para outro.
Ex: As formigas bulían no azucre. Os actores bulían nos camerinos antes de saír a escena.
Sinónimos: buligar. -
v i
Ferver a auga ou outro líquido.
Ex: O caldo bulía na tarteira.
-
v i
Axitarse unha cousa pola acción ou polo impulso doutra.
Ex: As follas do carballo bolen co vento.
-
v i
Axitarse ideas na imaxinación ou no pensamento.
Ex: As ideas para realizar a escultura bulíanlle constantemente na cabeza.
Frases feitas
-
Bólelle o corpo. Que está inquieto e desasosegado. Ex: Bólelle o corpo por non saber se aprobou o exame.
-
Bule, bule!/Axiña, bule! Apúrate, móvete. Ex: Bule, bule, que perdemos o tren!.
-
Bólenlle os pés. Que sempre está activo facendo algo.
-
Bule lixeiro. Vaite de seguida.
-
Bulir en balde. Perder o tempo. Ex: Buliu en balde porque non lle serviu de nada o traballo feito.
-
Bulir no caletre. Teimar. Ex: A decisión de abandonar a carreira bólelle no caletre.
-
Que van bulindo. Forma que as pescantinas coruñesas e as doutros portos pesqueiros empregaban para pregoar polas rúas as sardiñas, indicando que son frescas e acabadas de pescar.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulo
boles
bole
bulimos
bulides
bolen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulía
bulías
bulía
buliamos
buliades
bulían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulín
buliches
buliu
bulimos
bulistes
buliron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulira
buliras
bulira
buliramos
bulirades
buliran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulirei
bulirás
bulirá
buliremos
buliredes
bulirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buliría
bulirías
buliría
buliriamos
buliriades
bulirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bula
bulas
bula
bulamos
bulades
bulan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulise
bulises
bulise
bulisemos
bulisedes
bulisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulir
bulires
bulir
bulirmos
bulirdes
buliren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
bule
-
-
bulide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bulir
bulires
bulir
bulirmos
bulirdes
buliren
bulida
bulidos
bulidas