Bullón

Bullón
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estendeu por Castela, fundando casa en Ávila, amais doutras provincias españolas. En Galicia estableceuse nas vilas de Baiona, Priegue (Nigrán), Porriño, dende onde saíu unha rama que se asentou na vila cacereña de Alcántara no s XVIII. As súas armas levan, en campo de prata, dous leóns, de goles, rampantes e enfrontados, que sosteñen, nas súas poutas, unha coroa de ouro; no xefe, sobre a coroa, unha cruz plana de goles, cantonada de catro lises, de azul; bordo de ouro, con sete ferros de lanza, de azul, coas puntas ensanguentadas, postos en cadanseu anaco de hasta. Recóllese tamén outro escudo que trae, en campo de prata, dous leóns rampantes de goles enfrontados, superados dunha cruz plana de goles; bordo de ouro con oito ferros de lanza de azul, coas puntas ensanguentadas, postos en cadanseu anaco de pao.

Palabras veciñas

bullionismo | bullo | bulló | Bullón | bullote | Bullrich, Silvina | Bulnes, Manuel