Buphagus
Buphagus
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves da familia dos estúrnidos, de ata 22 cm de lonxitude, peteiro curto e coloreado, cola tamén curta e unllas fortes que empregan para aferrarse ao corpo dos grandes herbívoros da sabana africana. Aliméntanse de insectos e dos parasitos que atopan entre o pelame destes animais, aínda que tamén fozan nas feridas para aproveitarse do sangue; por este motivo, reciben a denominación de picabois.