Bureau International Permanent de la Paix
ou Permanent International Peace Bureau Organización internacional creada en Berna en 1891 coa finalidade de coordinar as actividades en favor da paz en diferentes países. Foi creada por membros do III Congreso Mundial da Paz celebrado en Roma ese mesmo ano. Os seus obxectivos foron servir de vínculo entre os pacifistas de todo o mundo, proporcionar información sobre o movemento da paz e preparar as resolucións do Congreso Mundial da Paz. En 1910, despois de ser candidato durante sete das dez primeiras convocatorias, recibiu o Premio Nobel da Paz. Trala creación da Sociedade de Nacións, perdeu importancia e suspendeu os seus traballos durante a Segunda Guerra Mundial. En 1959 púxose fin a esta organización e os seus fondos pasaron ao International Liaison Committee of Organizations for Peace (ILCOP). Este comité tentou restablecer a anterior organización e nomeou en Xenebra unha secretaría do International Peace Bureau. Reorganizado polo comité dos premios Nobel, non acadou ser o voceiro do movemento pacifista.