buriato -ta

buriato -ta
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos buriatos ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo mongol dos buriatos.

  3. s [ETN/HIST]

    Rama setentrional dos mongois que habita cerca do lago Baikal, na RA dos Buriatos, nos okrugi autónomos de Ust’-Ordynskij e Aga (Rusia) ao N da República de Mongolia (Selenge) e no extremo N da rexión autónoma da Mongolia Interior (O de Khajlar). Orixinariamente eran cazadores e pescadores nómades de crenzas xamanistas que se converteron en gandeiros e agricultores sedentarios, adoptando o lamaísmo. Tradicionalmente habitaban en iurtas e estaban organizados en familias patrilineais, clans e confederacións de clans. No s XIII ocuparon a rexión na que habitan, expulsando os tunguses e yakutos. Sometidos polos cosacos no s XVII, mantiveron a súa organización interna. Expulsados dos seus territorios cara a Mongolia, volveron para instalarse nas proximidades do lago Baikal, formando unha república autónoma dentro da URSS no 1923.

  4. s [LING]

    Lingua mongólica, dividida en diversos dialectos. Fálase en Rusia e o seu alfabeto é cirílico.

  5. literatura buriata [LIT]

    Literatura en lingua buriata, cultivada polo pobo buriato. Apareceu como literatura oral no s XVIII, durante o período de paz da dominación manxú sobre Mongolia. Produciu unha forte tradición folclórica e diversas epopeas.