burrada
burrada
(< burro)
-
s
f
Manda de burros.
Ex: Hoxe en día ver unha burrada é un feito extraordinario porque xa case non hai burros.
-
s
f
Dito ou feito que demostra torpeza ou ignorancia.
Ex: Coas túas burradas só conseguirás que te boten fóra.
Sinónimos: burremia, disparate, estupidez, parvada, torpeza. -
s
f
Gran cantidade, en abundancia.
Ex: Había unha burrada de xente e non puidemos presenciar o espectáculo. Traballa unha burrada para poder alimentar a tantos fillos.