Buskerud
Buskerud
Fylke de Noruega, no S do país (14.933 km2; 230.763 h [estim 1997]). O seu relevo forma unha chaira elevada na parte central, onde o cumio máis alto alcanza os 2.000 m de altitude. Drenado polos ríos Hallingsdaal e Lagen, que o atravesan cunha orientación NO-SL, a súa economía baséase na gandería, caza, pesca e pequenos xacementos de minerais (prata, ferro e cobalto). A capital é Drammen.