buteno

buteno
s m [QUÍM]

Cada un dos alquenos isómeros de fórmula C4H8, dos que existen os seguintes: 1-buteno, cis-2-buteno, trans-2-buteno e isobutileno. Os tres primeiros son butenos normais e o cuarto é o 2-metilpropeno. Fórmase no cracking ao que se somete o petróleo para obter gasolina; comercialmente tamén se obtén por deshidroxenación do butano. Emprégase para a obtención do octano por dimerización e do butadieno por deshidroxenación dos isómeros normais.

Palabras veciñas

bute | Butenandt, Adolf Friedrich Johann | butenilo | buteno | Buteo | Butes | Buthroton