butílico -ca

butílico -ca

(< butil)

  1. adx [QUÍM]

    Que contén o radical butil.

  2. alcohol butílico [QUÍM]

    Cada un dos catro alcohois isómeros que corresponden á fórmula empírica C 4 H 10 O (alcohol n-butílico, sec-butílico, tert-butílico e isobutílico). Os dous primeiros son líquidos, e o terceiro sólido; arden con chama luminosa. Empréganse como solventes de pintura, verniz e cera, para a obtención dos acetatos correspondentes, útiles en perfumería, e para a fabricación de laca, raión, deterxentes e axentes de flotación.

Palabras veciñas

butilenglicol | butileno | butilhidroxitolueno | butílico -ca | butino | butir(o)- | butiráceo -a