buwayhí ou buyí

buwayhí ou buyí

(< antropónimo Buwayh ou Būya)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos buwayhís ou buyís.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo da dinastía buwayhí.

  3. s [ETN/HIST]

    Dinastía persa xiíta que gobernou entre os anos 932 e 1055. O fundador da dinastía, denominado Buwayh polos árabes e Būya polos persas, descendía dos serventes dos sasánidas. Os seus fillos ‘Alī, Hasan e Ahmad rebeláronse contra o Califa Al-Qāhir e depuxérono; o primeiro ocupou Bagdad no 945 e nomeou un novo califa favorable aos seus intereses. Hasan unificou os dominios buwayhís, pero dividiu o reino entre os seus fillos. Foi un deles, Aḋud al-Dawla, quen reunificou o imperio. Á súa morte, produciuse unha nova guerra civil e, fraccionado o reino, no 1012 a dinastía foi derrotada polos kurdos. No ano 1055 os selxúcidas entraron en Bagdad rematando coa dominación buwayhí.

Palabras veciñas

Bütschli, Otto | Buttimer, Ann | Butuan | buwayhí ou buyí | buxa | Buxa | buxáceo -a