buxaina

buxaina

(< buxo)

s f [ETN]

Xoguete de madeira de buxo que se fai bailar a través dun cordel. A súa forma torneada representa unha figura cónica, ventruda na parte superior e cun pequeno saínte no centro, chamado segorella; na parte inferior leva unha púa de ferro, que recibe o nome de ferrete. O sistema de xogo máis común é o de círculo. Debúxase unha circunferencia no chan e cada un dos xogadores, logo de enroscar fortemente o cordel chamado piola, tira de punta a buxaina alí onde esta baila máis ou menos tempo; se deixa de moverse dentro, debe quedar para que os demais tiren contra ela, ou ben pode pór outra vella no sitio. A clave para entrar no xogo é a seguinte pregunta: “pódese tirar?”, e respóndese: “ata escachar”. Os xogadores que a fan bailar mellor e que a conseguen tirar o máis axiña posible da circunferencia para que non a golpeen, son os que acadan máis vantaxe no xogo.

Sinónimos

Confrontacións

bailarete

Frases feitas

  • Bailar como unha buxaina. Bailar moi ben.

  • .

  • Semella unha buxaina. Muller feituquiña

Formas incorrectas

trompo

Palabras veciñas

buxado | buxaga | Buxaga | buxaina | Buxaina | buxal | Buxal