1 ca

1 ca
conx comp

Partícula que une dous elementos entre os que se establece unha comparación que pode ser de igualdade (

Ex: A túa filla ten o mesmo xeito ca súa avoa), inferioridade (Ex: Corre menos ca ti) ou superioridade (Ex: É mellor este ca ese). O seu uso é obrigatorio cando precede a un pronome persoal (Ex: Ela é máis alta ca min) e, nos demais casos, salvo que o segundo termo da comparación sexa un predicado (Ex. Vaguea máis do que traballa), pode alternar o uso de ca ou que (Ex: Onte choveu menos ca/que hoxe). Tamén se emprega cando o segundo termo da comparación é unha cláusula condicional, temporal ou relativa. Esta partícula contrae, ademais, co artigo determinado (o, a, os e as) dando lugar ás formas: có, cá, cós e cás (Ex: Saíume mellor a proba escrita có exame oral, A letra de Xián é máis lexible cá túa, Os autobuses son máis puntuais cós trens, Gústanlle menos as letras cás ciencias). Non obstante , cando a conxunción ca vai seguida da preposición a ou das contraccións ó, á, ós e ás non se reflite esa contracción na escrita (Ex: O traxe acáelle mellor a Fiz ca a min, Sempre me atraeu máis ir ó campo ca á praia, Faille máis caso ós de fóra ca ós da casa, O público prestáballe menos atención ás súas palabras ca ás túas).

Citas

  • A túa filla ten o mesmo xeito ca súa avoa), inferioridade (
  • Corre menos ca ti) ou superioridade (
  • É mellor este ca ese). O seu uso é obrigatorio cando precede a un pronome persoal (
  • Ela é máis alta ca min) e, nos demais casos, salvo que o segundo termo da comparación sexa un predicado (Ex. Vaguea máis do que traballa), pode alternar o uso de ca ou que (
  • O traxe acáelle mellor a Fiz ca a min, Sempre me atraeu máis ir ao campo ca á praia, Faille máis caso aos de fóra ca aos da casa, O público prestáballe menos atención ás súas palabras ca ás túas)
  • Onte choveu menos ca/que hoxe). Tamén se emprega cando o segundo termo da comparación é unha cláusula condicional, temporal ou relativa. Esta partícula contrae, ademais, co artigo determinado (o, a, os e as) dando lugar ás formas: có, cá, cós e cás (
  • Saíume mellor a proba escrita có exame oral, A letra de Xián é máis lexible cá túa, Os autobuses son máis puntuais cós trens, Gústanlle menos as letras cás ciencias). Non obstante , cando a conxunción ca vai seguida da preposición a ou das contraccións ó, á, aos e ás non se reflite esa contracción na escrita (

Palabras veciñas

C-3, vía do | C-4, vía do | C.E.N. | 1 ca | 2 ca | | Ca