cabaceiro

cabaceiro

(< lat *capaceu)

s m [ETN]

Hórreo construído con varas ou pólas entretecidas de vimbio, carballo ou salgueiro. A súa forma pode ser de planta redonda con cámara cilíndrica ou troncocónica invertida, asentada sobre un pequeno muro ou unha armazón de catro táboas grandes colocadas sobre uns bloques de pedra no chan; tamén pode presentar planta rectangular, no que a cámara vai asentada sobre unha grade de catro táboas, suspendidas, ao mesmo tempo, sobre catro esteos de granito cos seus tornarratos. A cuberta é de colmo e moi lixeira, pois cómpre levantala para botar o millo dentro, que logo sae a través dunha abertura pechada cunha táboa. Accédese a el levantando a cuberta cónica ou por unha pequena porta mediante unha escada ou un bloque de pedra situado na parte dianteira. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.

Ex: A forma máis primitiva do cabaceiro é circular.

Citas

  • A forma máis primitiva do cabaceiro é circular.