cable
(< fr câble < lat v capulu‘corda’)
-
s
m
[TECNOL]
Conxunto formado por un número variable de fíos metálicos ou de cordóns, formados por estes fíos, e a alma central sobre a que van enrodelados. Pola súa gran resistencia á tracción e a súa flexibilidade empréganse para transmitir un esforzo ou efectuar un traballo. O cable constrúese por enrodelamento, en forma helicoidal, dunha ou de diversas capas dos seus compoñentes arredor do núcleo central ou alma, que pode ser metálica ou dun material téxtil, polo xeral, cánabo. É posible distinguir os cables de aceiro, simples cordóns constituídos por un feixe de fíos de ferro torcidos; os cables ordinarios ou espirais, constituídos por un só cordón cunha alma metálica do mesmo diámetro que os filamentos do cordón; os cables trenzados, formados por tres ou seis cordóns enrodelados arredor dunha alma metálica ou de cánabo; os cables de cables, formados polo enrodelamento de cables sobre unha alma de fibra téxtil; os cables semipechados, formados por un cordón ordinario recuberto por unha capa de fíos de ferro perfilados en forma de x e circulares, alternos, que encaixan uns cos outros, e os cables pechados formados por un cordón ordinario envolto por unha ou diversas capas de fío de ferro perfilado en forma de z que, ao encaixaren uns nos outros, forman unha superficie completamente lisa.
Ex: Suxeitamos a roldana cun cable.
-
[TECNOL/FÍS]
-
s
m
Condutor filiforme, de lonxitude indefinida, a miúdo recuberto por un revestimento (illante, protector, etc) destinado a transmitir unha corrente eléctrica. Como materiais condutores téñense empregado o cobre e o aluminio en forma de fío de sección circular ou tubular; con frecuencia, en lugar dun só condutor macizo (condutor unifío), ten un conxunto de fíos paralelos ou en forma de cordón (condutor multifío), co fin de aumentar a flexibilidade do cable. A sección total, axeitada á intensidade da corrente, é de valores normalizados. O revestimento illante pode ser de papel, algodón, caucho, plástico, amianto, etc, e a cuberta de protección, de chumbo, aceiro, aluminio ou plástico. Para aumentar a resistencia mecánica dos cables, dispóñense ocasionalmente armaduras interiores de aceiro en forma de cinta ou de fío redondo ou plano (cables armados).
-
s
m
Conxunto de condutores ou cables elementais illados entre si e, polo xeral, protexidos por unha cuberta común. Os espacios baleiros que restan entre os condutores e entre estes e a cuberta adoitan ser completados cunha substancia illante pastosa (cables de presión impregnados con aceite, gas, etc), ou ben con materiais plásticos (cables secos). Os cables empregados en telecomunicacións constan de moitos condutores, en forma de fío ou de tubo, de cobre electrolítico.
-
cable coaxial
Cable empregado para a transmisión de sinais eléctricos de alta frecuencia. Está constituído por dous condutores dispostos coaxialmente formando un cilindro; o interior é o eixe, mentres que o exterior fai de pantalla e evita interferencias de campos eléctricos exteriores. Mediante un só cable coaxial é posible transmitir diversas informacións a través de canles diferentes por emisión múltiplex.
-
cable de compensación
Conxunto de condutores constituídos por metais de características termoeléctricas iguais ás dun termopar.
-
cable de disparo
Sistema de accionamento a distancia das cámaras fotográficas. Emprégase para evitar a vibración do aparato provocada pola pulsación directa ou para permitir a ocultación do fotógrafo na reprodución de imaxes de animais silvestres.
-
cable herciano
Feixe moi estreito de microondas que serve para enlazar dous puntos situados sobre o horizonte visual.
-
cable submarino
Cable somerxido que se emprega en comunicacións intercontinentais. Os primeiros cables submarinos foron unicamente telegráficos e constaban dun só condutor, con volta polo mar. O primeiro cable submarino foi tendido no río Hudson en 1845, e no ano 1858 estendeuse o primeiro cable transatlántico entre Irlanda e Terranova. En 1884, na convención de París, estableceuse a liberdade de tendido de cables e a súa protección internacional. Os cables submarinos, que se instalan cuns barcos especiais, deben poder resistir a corrosión da auga salgada e soportar tensións durante a súa colocación; adoitan posuír unha armadura metálica especial. A partir de 1975 foron substituídos por cables de tipo coaxial e, trece anos máis tarde, por cables de fibra óptica.
-
s
m
-
s
m
[COMUN]
cablegrama.
-
s
m
[MAR]
Cabo groso de cánabo, duns 120 brazos de lonxitude, usado antigamente para asegurar a embarcación á áncora.
-
s
m
[METROL]
Medida de lonxitude que equivale á décima parte dunha milla ou a 185,2 m.
-
[COMUN]
-
cable comunitario
Rede de televisión por cable que serve a unha comunidade.
-
canal de cable activo
Emisora de televisión por cable que produce, alomenos, unha parte da súa programación.
-
canal de cable pasivo
Emisora de televisión por cable que non produce a súa propia programación.
-
televisión por cable
televisión.
-
cable comunitario