cabotaxe

cabotaxe

(

s f [MAR]

Navegación mercantil ou tráfico marítimo que se realiza de porto a porto seguindo a costa. A distinción entre a cabotaxe e a navegación de altura tivo unha orixe e unha finalidade fiscais. Tradicionalmente, moitos estados limitaron o dereito a cabotaxe aos navíos que levasen a súa bandeira. Esta limitación, no caso español, presenta unha particularidade ao distinguir a normativa específica entre a gran cabotaxe, dedicada ao tráfico internacional e a cabotaxe nacional, limitada ao tráfico efectuado entre os portos da Península Ibérica ou os da Península e Marrocos.