Cabrera

Cabrera
  1. [ONOM]

    Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabreira.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe galega que, segundo algúns heraldistas, procede do infante Sancho o Veloso, nado no ano 978, fillo do Rei Ramiro III de León. O Emperador Carlomagno concedeu, no ano 791, o título de vizconde de Cabrera a Ponce de Cabrera, título que foi confirmado por esta familia en 1353 e 1572. Unha rama pasou a Catalunya e outra participou na conquista de Córdoba, onde fundou casa. Tamén se estendeu por Aragón, Toledo, Badajoz, Huelva, Canarias e Perú. Os vizcondes de Cabrera e os de Aragón e Catalunya traen, en campo de ouro, unha cabra pasante de sable; bordo camponado de ouro e sable. Os de Galicia e Córdoba levan, en campo de ouro, dúas cabras pasantes de sable, postas en pao; os de Canarias, en campo de prata, dúas cabras pasantes de sable, cargadas cada unha delas de tres bandas de ouro; os de Baeza, en campo de prata, unha cabra de sable; bordo cosido do mesmo metal, coas beiras irregulares, imitando os seus perfiles riscos e penedos. Hai tamén algúns que ostentan, en campo de prata, unha faixa de goles.