1 cacheira

1 cacheira
s f [ALIM]

Cabeza de porco salgada e, frecuentemente, afumada. Trátase dun ingrediente habitual dos cocidos, sobre todo no Entroido. É unha vianda graxa, extremadamente saborosa e rica en matices. En Cacheiras (Teo) celébrase cada ano desde 1994 a Festa da Exaltación da Cacheira de Porco.

Sinónimos