Cacho
Cacho
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe aragonesa que se estableceu na vila de Escarrilla, no partido xudicial de Jaca, en Huesca. Pode aparecer representado coas variantes De Cacho e Del Cacho. Estendeuse ás comunidades de Santander, León, La Rioja e Galicia, establecéndose en Ribadeo e na Coruña. As armas da rama galega levan, en campo de prata, unha cruz de Calatrava de goles; na punta dúas faixas ondeadas de azul e, sobre elas, tres paxaros da mesma cor coas ás abertas e postos en faixa; bordo de azul con seis besantes de ouro.