cadeirado

cadeirado

(

  1. s m
    1. [ARTE]

      Conxunto de asentos unidos entre si e pegados á parede que se integran na estrutura do coro das igrexas, conventos, salas capitulares ou salas de xuntanza. As cadeiras poden estar colocadas en forma de ringleira ou en círculo, na nave central da igrexa ou na ábsida, e xeralmente son de madeira. Nos períodos barroco e gótico chegou á súa máxima expresión artística.

      Ex: Están restaurando o cadeirado da catedral.

    2. Conxunto de cadeiras, sofás, canapés ou diváns da mesma clase cos que se amobla un cuarto.

      Ex: Esta mesa é moi pequena para o cadeirado do salón.

  2. s m

    Lugar no que se fabrican cadeiras artesanalmente ou onde se venden.

  3. s m [ARQUIT]
    1. Construción feita con perpiaños colocados uns sobre outros.

    2. Conxunto de perpiaños.

Palabras veciñas

cadeado | cadeeira | cadeira | cadeirado | Cadeiras, A Virxe das | cadeixa | cadeixo