cadela

cadela

(

  1. s f [ZOOL]

    Femia do can.

  2. s f
    1. Antiga moeda de cobre de cinco céntimos.

      Confrontacións: pataco, patacón.
    2. Moeda de valor escaso.

      Ex: Deille de esmola dúas cadelas porque non tiña máis cartos. Morreu sen unha cadela no peto.

      Sinónimos: pataco, patacón.
  3. s f [ANIMAL]
    1. [Scrobicularia

    2. aroliña.

  4. s f [ANIMAL/ENTOM]

    Nome que reciben as eirugas de certas bolboretas e coleópteros que constitúen pragas para os cultivos.

  5. cadela de frade/lareta/lavada [ANIMAL/ENTOM]

    Denominación común dos insectos da orde dos dermápteros, constituída por un milleiro de especies de corpo alongado, de ata 25 mm de lonxitude, de cor castaña escura. A característica máis salientable é que o abdome remata en dous apéndices semellantes a unhas pinzas, nos machos arqueados e nas femias case que rectos; estas poden ter unha función disuasoria, especialmente se son confundidas coas mandíbulas dun insecto meirande. Teñen un aparato bucal mastigador, ollos compostos, antenas longas e finas de ata 50 artellos, ás anteriores curtas e endurecidas formando élitros e, debaixo destas, outro par membranoso, delgado e reticulado (con aparencia de epiderme humana, de onde procede o nome da orde), que en repouso se manteñen dobradas. Non voan con frecuencia e algunhas especies carecen, mesmo, da capacidade de voar. Poñen, normalmente, ata 40 ovos que a femia coida durante o inverno; as crías son atendidas e alimentadas como mínimo durante o primeiro ano, dando lugar a grupos moi unidos que hibernan no chan. Son insectos omnívoros que se alimentan de pétalos, prea ou pequenos animais. Na Península Ibérica están presentes as familias dos forficúlidos, dos labidúridos e dos lábidos. A crenza popular atribúelles o interese de penetrar nos oídos das persoas, especialmente das que quedan durmidas coa cabeza directamente sobre o chan.

    Sinónimos: forcadela.
  6. s f

    Muller mala e de xenio moi vivo que semella ladrar coma unha cadela cando fala.

  7. s f

    Muller luxuriosa.

Frases feitas

  • Andar a paso de cadela. Andar rápido.

  • Cadela pelengrina/das tetas longas. Animal mítico que agoira a morte con atributos de corvo, carneiro e dragón.

  • Non ter alguén unha cadela (para facer bailar un cego). Non ter cartos.

  • Non valer unha cadela. Ser de moi escaso valor.

  • Por catro cadelas. A moi baixo prezo. Saír a cadela can. Sufrir un desengano, quedar burlado. Ser unha cadela coma un can. Ser alguén ruín e mal intencionado.

Palabras veciñas

Cadeiras, A Virxe das | cadeixa | cadeixo | cadela | cadeleira | Cadeliña | cadelo -la