Cadmos

Cadmos
[MIT]

Segundo a mitoloxía grega, fillo do Rei fenicio Agenor que fundou a cidade de Tebas cando buscaba a súa irmá Europa. Casou con Harmonía, filla de Ares e Afrodita. Reinaron en Tebas e Iliria, pero ao final foron convertidos en serpes e pasaron aos Campos Elíseos. A Cadmos atribúeselle a invención do alfabeto e a fusión dos metais.

Palabras veciñas

cadmífero -ra | cadmio | cadmiose | Cadmos | Cadoalla | cadoira | cadoiro