Cadórniga

Cadórniga
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe asturiana que pasou a Galicia exercendo o señorío de Caldelas. Segundo algúns investigadores esta caste procede da Casa dos Limas ou Lima, á que estivo vinculado o condado de Limia, sendo o seu tronco Rui Fernández Cadórniz; cambiarían, posteriormente algúns dos seus descendentes esta denominación pola de Cadórniga. As súas armas levan, en campo de prata, unha nave de sable coas velas brancas, sobre ondas de auga de azul e prata. Outros traen, en campo de azul, unha nave de ouro, sobre ondas de auga de azul e prata. Algunha variante ostenta: en campo de azul, unha nave co casco de ouro e as velas de prata, en ondas de auga de azul e prata adestrada de dous lobos pasantes de sable, mirando cara á nave, postos en faixa e colocados sobre as ondas.