cadrado -da
(< lat quadrātu)
-
p reg
de cadrar.
-
adx
-
Que presenta a forma ou a superficie dun cadrado.
Ex: Levaba unha medalla cadrada.
-
Que ten algunha das súas caras ou das súas superficies cadrada.
Ex: Preciso unha caixa máis cadrada porque esta non me entra no coche.
-
Aplícase á superficie prismática en forma de cadrado.
Ex: O castelo ten dúas torres cadradas.
-
De catro caras aproximadamente iguais, tan ancho como longo e alto.
Ex: Era un home de cara cadrada.
-
-
[MAT]
-
s
m
Cuadrilátero cos catro costados iguais e catro ángulos rectos. A área dun cadrado de lado a é a 2 .
-
adx
Aplícase á matriz que ten o mesmo número de filas que de columnas.
-
s
m
Distancia angular de 90°.
-
adx
Elevado ao cadrado ou á segunda potencia.
-
adx
Dise do número que é o cadrado dun enteiro, como 1, 4, 9, 16, 25, etc. Denomínase tamén cadrado perfecto.
-
adx
Aplícase á raíz de índice 2.
-
s
m
Segunda potencia dun número ou dunha cantidade, isto é, o resultado de multiplicalo por el mesmo.
Ex: O cadrado de dous é catro.
-
cadrado grecolatino de orde
n Táboa cadrada de pares ((a ij , b ij )), que se obtén superpoñendo dous cadrados latinos de orde n (a ij ) e (b ij ), de maneira que os n 2 pares obtidos son diferentes entre eles. Denomínase tamén cadrado bilatino ou cadrado latino ortogonal.
-
cadrado latino de orde
n Táboa cadrada de n 2 cuadrículas na que se reparten n elementos (números ou símbolos) de xeito que cada un destes aparece unha única vez en cada fila e en cada columna. Introducido por L. Euler en 1782, emprégase en estatística.
-
cadrado máxico de orde
n Táboa cadrada de n 2 números enteiros que cumpren que a suma dos elementos de cada fila, de cada columna ou de cada diagonal é constante.
-
cadrado perfecto
Cadrado dun binomio, dado por unha expresión do tipo a 2 +2ab+b 2 , que é igual a (a+b) 2 .
-
s
m
-
adx
[ESCR]
-
Aplícase á escritura capital reservada ás inscricións latinas clásicas ata o s VI, e tamén á forma capital elegante dos códices luxosos a partir do s VI.
-
Dise da actual escritura hebraica, non cursiva, derivada do arameo.
-
-
s
m
[GRÁF]
Peza de metal que ten o corpo da letra, a altura dos espacios e a anchura variable, igual ou superior a un cuadratín e medio, empregada para completar as raias curtas ou colocada entre as letras cando se quedan moi separadas.
-
s
m
[HERÁLD]
Moble que representa un cadrado. Polo xeral, colócanse máis dun e cómpre identificar a súa disposición. Fálase de gran cadrado cando un só cadrado ocupa todo o campo.
-
[MÚS]
-
adx
Notación gregoriana tradicional, derivada das notacións aquitana e catalá que escribían o punctum e a virga en forma cadrada. No sistema mensural (s XIII-XV) conservouse na breve.
-
s
f
Figura de nota musical de forma cadrada que equivale, en duración, ao dobre da redonda.
-
adx
-
s
m
[ZOOL]
Óso de cartilaxe do esplacnocranio que experimenta unha notable redución ao longo da escala filoxenética dos vertebrados. Nos peixes, anfibios, réptiles e aves, este óso serve para articular a mandíbula inferior co resto do cranio. Nos mamíferos está modificado e forma un dos ósos do oído, a bigornia.