Caeiro

Caeiro
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica. O topónimo Caeiro procede da voz latina *cadariu ‘o que está en declive’ e esta, á súa vez, do verbo cadere ‘caer’. Documéntase no s XVI: “Juan Caeiro” (doc ano 1591 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 534). Tamén se atesta en plural coa forma Caeiros.