cafeína
cafeína
(< café)
s
f
[BIOQ]
Alcaloide bicíclico trimetilado derivado da xantina que se oxida rapidamente ou que se dimetila parcialmente en poucas horas. Pódese illar en forma de prismas hexagonais, que se subliman a 178°C e se funden a 238°C. Non é soluble en auga, pero si en disolventes orgánicos. Atópase no café (que contén un 1,5% do seu peso en seco), nas follas de té (nun 5%), no mate e na cola, dos que se pode extraer. A obtención sintética ten lugar por metilación directa da xantina con sulfato de dimetilo. Conséguese industrialmente como subproduto da preparación do café descafeinado. Estimula a secreción gástrica e o sistema nervioso central, e actúa como tónico cardíaco e como diurético. Unha dose abusiva pode provocar cafeísmo.