caingang

caingang
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos caingangs.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo indio dos caingangs.

  3. s m pl [ETN]

    Familia de tribos indias que se estende pola conca esquerda do río Paraná, dende o N do río Grande ata o S do río Uruguay. Estas tribos están moi relacionadas natural e lingüisticamente cos jê. Os brasileiros danlles o nome de coroados.

Palabras veciñas

caiñar | Caine, Michael | Caine, Thomas Henry Hall | caingang | 1 cainita | 2 cainita | Caino