Cakile

Cakile
[PLANTA]

Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas, de cor verde clara, talos moi ramificados de ata 60 cm de altura, follas carnosas de ata 60 mm de lonxitude, flores con catro pétalos brancos, amarelos ou lilas, reunidas nunha inflorescencia densa, e froitos en silicua articulada. A especie C. maritima está presente nos areais da costa atlántica, dende Lisboa ata Noruega. Emprégase en ensaladas e foi utilizada para combater o escorbuto.

Palabras veciñas

Cajaraville Pensado, Manuel | Cajigal | cakchiquel | Cakile | 1 cal | 2 cal | 3 cal