calamitáceo -a

calamitáceo -a

(< 2 calamita)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás calamitáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Fento da familia das calamitáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de fentos arborescentes da orde das equisetais, propia dos períodos Devónico, Carbonífero e Permiano, que deixaron un importante rexistro fósil e contribuíron en boa parte á orixe da hulla. Algunhas especies acadaban ata os 30 m de altura e máis de 1 m de grosor.

Palabras veciñas

calamistro | 1 calamita | 2 calamita | calamitáceo -a | calamitoso -sa | cálamo | Calamocha