calcinación
(< calcinar)
-
s
f
Acción e efecto de calcinar.
-
s
f
[QUÍM]
Tratamento, a altas temperaturas, ao que se somete un composto sólido para provocarlle unha descomposición ou un cambio de fase diferente da fusión. Ten a finalidade de conseguir unha maior concentración do composto, ao seren separados os compoñentes volátiles; unha maior friabilidade, como resultado dos cambios de volume; ou unha activación para reaccionar con outros sólidos cos que se mestura. Orixinariamente, dábase o nome de calcinación exclusivamente á descomposición térmica da rocha calcaria en óxido de calcio e dióxido de carbono, e despois, por extensión, denominouse así a toda a descomposición térmica de materiais orgánicos e inorgánicos, que os converte nun residuo sólido e termicamente estable. Os procedementos actuais de calcinación comprenden, ademais, a pirólise e a destilación seca de compostos orgánicos. Cando a calcinación provoca unha oxidación denomínase torrefacción, e cando leva asociada unha redución de mineral con separación da ganga como metal líquido da escoura, fusión.
-
s
f
[PINT]
Operación consistente en quentar no lume un pigmento mineral contido dentro dun recipiente metálico ou de terra cocida, para así obter un ton ou cor diferente da inicial.