calcita
calcita
(< calcio)
s
f
[MINERAL]
Carbonato de calcio, de fórmula CaCO3. Xunto coa argonita, forma o dimorfismo do CaCO3. Cristaliza no sistema romboédrico, en forma de cristais prismáticos e tamén en formas compactas, oolíticas e pisolíticas. Xeralmente é incolora ou branca, con brillo vítreo e as variedades transparentes (espato de Islandia) presentan unha intensa birrefrinxencia. Ten unha dureza de 3 e un peso específico de 2,72. É facilmente soluble en ácidos diluídos, cunha forte efervescencia. Forma as calcarias, o mármore, a creta e as estalactitas e estalagmitas.