calcomanía

calcomanía

(< fr décalcomanie ‘manía porcalcar’)

  1. s f

    Procedemento que consiste en traspasar a vidro, mármore, papel, metal ou mesmo porcelana un texto ou un debuxo impreso ao revés, que vai enriba dun papel encolado.

    Ex: Atopei unhas baldosas decoradas por calcomanía.

  2. s f

    Imaxe ou debuxo obtido por este procedemento.

    Ex: As calcomanías desta xerra representan uns paxaros.

  3. s f

    Papel encolado que contén a imaxe ou texto antes de ser traspasada a algún soporte.

    Ex: Comprou unha calcomanía para poñer na man.