Caldas

Caldas
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Está moi espallado por todo o noso territorio o topónimo Caldas procedente do sintagma latino (aquas) calidas, que fai referencia á existencia de mananciais de auga quente. Documéntase no s XII: “Arias Diaz Caldas” (doc ano 1239 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535). O diminutivo deste apelido é Caldelas.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe leonesa, natural do lugar homónimo, no partido xudicial de Murias de Paredes, desde onde se estendeu a Galicia e Portugal. As armas dos de Galicia levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, cun oso empinado da súa cor natural; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cunha aguia de sable. Os das montañas de León levan, en campo de prata, dous cabaleiros acosando a un oso pardo que vai acubillarse nun penedo. Os de Portugal empregan, en campo de prata, cinco cipreses de sinople, postos en aspa.

Palabras veciñas

caldarium* | Caldas | Caldas | Caldas | Caldas de Reis | Caldas de Reis | Caldas de Reis