Caleb

Caleb

Membro da tribo de Xudá, fillo de Iefuneh, un dos trece enviados por Moisés dende o deserto de Parán para inspeccionar o país de Canaan, a Terra Prometida (doce en representación de cada unha das tribos de Israel e máis Xosué en representación do propio Moisés). Logo da expedición, Xosué e Caleb foron os únicos dos trece que apoiaron a Moisés na proposta de dirixirse cara a ese país, ao enfrontarse á oposición dos demais, que quedaran impresionados polo poderío militar dos cananeos. Segundo a Biblia (Números 14, 24), a confianza de Caleb na palabra de Deus foi recompensada: dos trece exploradores só Xosué e Caleb sobreviviron.

Palabras veciñas

2 calea | 1 calear | 2 calear | Caleb | Caledonia | Caledonia, canal de | Caledoniano