caledonita
caledonita
s
f
[MINERAL]
Sulfocarbonato de chumbo e cobre, de fórmula Cu2Pb5(SO4)3(CO3)(OH)6. Cristaliza no sistema rómbico; preséntase en pequenos cristais moi brillantes, de cor azul. Ten dureza 2,5-3 e peso específico 5,7.