califal

califal

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao califa ou ao califato.

  2. arte califal [ARTE]

    Período da arte hispano-musulmana correspondente á época do califato de Córdoba (912-1012). A arquitectura califal presenta unha serie de características que atopan a súa expresión capital na ampliación da mesquita de Córdoba por ‘Abd al-Raḥmān III, al-Hakam II e Almanzor, e na cidade de Medināt al-Zahrā’. En primeiro lugar destaca a determinación dun canon construtivo propio que emprega relacións numéricas baseadas nos tercios dun módulo. Introduciu os arcos lobulados e os arcos cruzados, onde a función estrutural de soporte das bóvedas está disimulada por unha aparencia decorativa por medio de chapas, e a utilización de bóvedas de nervios, de extensa influencia nas artes musulmanas, como na mesquita do Cristo da Luz (Toledo), románica e incluso barroca. As columnas, en xeral, carecen de base e presentan uns capiteis inspirados vagamente nos corintios. O arco máis empregado é o de ferradura coa alzada peraltada no semirradio, lintel adoelado, extradorso descentrado e punto de converxencia das doelas no centro da liña de impostas. A ornamentación é luxosa, acadada mediante a aplicación de placas de cerámica ou de mármore e, sobre todo, de escaiola, con relevos vexetais e epigráficos. En canto á escultura, destacan os capiteis e as pías de mármore cunha ornamentación de figuras zoomórficas.

Palabras veciñas

Calidris | caliemia | califa | califal | califato | califórido -da | california